OBRADOIRO DE ROBÓTICA EN INFANTIL

O luns, 11 de xuño de 2018, o xefe do departamento de Tecnoloxía desprazouse ao CEIP Poeta Avelino Díaz de Meira co fin de realizar un obradoiro de robótica co alumnado de 6º de Educación Infantil.

Coa axuda de Adrián e de Paula puidemos comprobar as funcionalidades dos robots mBot: manexalo dende o móbil co fin de que se desprace, que interprete unha melodía determinada, que sexa capaz de seguir unha liña negra no chan...

O alumnado estivo especialmente atento e participativo demostrando que a robótica forma parte das súas vidas dende idades ben temperás (nas súas casas ou na aula, onde tamén dispoñen dun robot para programar).

Hai que agradecer o inmenso traballo, implicación e ilusión da súa profesora Ana e do alumnado que uns días despois agasallaron ao xefe do departamento cun álbum con fotos do obradoiro e un debuxo de cada alumno/a relacionado co mundo da robótica.







Comentarios

Publicacións populares deste blog

RELATORIO SOBRE INTELIXENCIA ARTIFICIAL

EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA (CIDADE DA CULTURA)