Publicacións

OBRADOIRO DE ROBÓTICA EN INFANTIL

Imaxe
O luns, 11 de xuño de 2018, o xefe do departamento de Tecnoloxía desprazouse ao CEIP Poeta Avelino Díaz de Meira co fin de realizar un obradoiro de robótica co alumnado de 6º de Educación Infantil. Coa axuda de Adrián e de Paula puidemos comprobar as funcionalidades dos robots mBot: manexalo dende o móbil co fin de que se desprace, que interprete unha melodía determinada, que sexa capaz de seguir unha liña negra no chan... O alumnado estivo especialmente atento e participativo demostrando que a robótica forma parte das súas vidas dende idades ben temperás (nas súas casas ou na aula, onde tamén dispoñen dun robot para programar). Hai que agradecer o inmenso traballo, implicación e ilusión da súa profesora Ana e do alumnado que uns días despois agasallaron ao xefe do departamento cun álbum con fotos do obradoiro e un debuxo de cada alumno/a relacionado co mundo da robótica.

TRABALLOS DO ALUMNADO DE TIC DE 4º DA ESO

Ao longo do curso 2017-2018 o alumnado de TIC de 4º da ESO fixo moito traballo práctico. O último foi facer un póster sobre seguridade informática. Déixovos unha mostra dos mellores: Póster de Alba Póster de Óscar

APROVEITAMENTO DOS RECURSOS DO MEDIO NATURAL (ARMN)

O vindeiro curso, 2018-2019, o departamento de Tecnoloxía decidiu mudar a materia de Programación de 2º da ESO por unha de creación propia chamada ARMN: Aproveitamento dos Recursos do Medio Natural. Se premes AQUÍ podes descargar o currículo de ARMN. E pinchando AQUÍ poderás baixar un pdf con máis información sobre a nova materia.

XI OLIMPÍADA TECNOLÓXICA

Imaxe
O día 29 de maio celebrouse no Campus Terra da USC a XI Olimpíada Tecnolóxica, organizada pola A.E. Tecnogalicia, e que nesta edición levou por título: Imaxina, investiga, descubre, ENXEÑA. Na olimpíada competiron 6 grupos de 2º da ESO, 6 de 3º da ESO e 4 de 4º da ESO (rebaixouse de 6 a 4 porque dous centros participantes, o IES Pedregal de Irimia e o IES Gregorio Fernández, foron elixidos para facer a “reválida” de 4º da ESO e polo tanto non puideron participar). En cada grupo participaron entre cinco e sete alumnos/as de todos os centros participantes (IES Pedregal de Irimia de Meira, IES Leiras Pulpeiro de Lugo, IES Gregorio Fernández de Sarria, CPI de Castroverde, CPI de Cervantes, CPI Poeta Uxío Novoneira do Courel e CPI San Tomé do Carballo de Taboada) tratando de que os grupos foran equilibrados en xénero e capacidades. De IES Pedregal de Irimia participaron 6 alumnos/as de 2º e 10 de 3º da ESO. Entre os obxectivos do evento están profundar no currículo da área de tecnolox

EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA (CIDADE DA CULTURA)

Imaxe
Profesores acompañantes: Fina López, Rubén Pol e Mario Outeiro Data: 24 de abril de 2018 Hora: 9:20 a 20:00                                          Lugar: Santiago de Compostela (Centro histórico-Catedral e Cidade da Cultura) Alumnado participante: 2º, 3º da ESO e alumnado de Arte de 2º de BAC. Resumo: O día 24 de abril os departamentos de Tecnoloxía e Xeografía e Historia organizaron unha excursión a Santiago de Compostela. Pola mañá visitouse a Catedral de Santiago (tellado e interior) e o centro histórico (dep. de Xeografía e Historia) e pola tarde o centro cultural Monte Gaiás: Centro de Xestión de Redes e o Centro de Proceso de Datos Integral da AMTEGA, e visita arquitectónica á Cidade da Cultura (dep. de Tecnoloxía).

RELATORIO SOBRE INTELIXENCIA ARTIFICIAL

Imaxe
Charlas temáticas. Programa “A ponte entre o ensino medio e a USC” Relator: Alberto Bugarín Diz, Catedrático e Investigador do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información) da USC Título: “Intelixencia artificial e xeración automática de linguaxe natural: unha palabra vale mais ca un millón de datos” Data: 17 de abril de 2018 Hora: 13:25 a 15:05 Lugar: Biblioteca do IES de Meira Alumnado participante: os matriculados nas materias de TIC de 4º da ESO e 1º e 2º de BAC Resumo: O catedrático e investigador da USC, Alberto Bugarín, introduciunos dun xeito ameno e rigoroso no mundo do Big Data (termo que fai referencia a unha cantidade de datos tal que supera a capacidade do software convencional para ser capturados, administrados e procesados nun tempo razoábel) e de como a linguaxe natural e a intelixencia artificial fan entendíbel para o ser humano o resultado do procesamento dun número inconmensurábel de datos.

NOVOS LIBROS CIENTÍFICOS-TECNOLÓXICOS NA BIBLIOTECA

Imaxe
A BIBLIOTECA DO IES PEDREGAL DE IRIMIA FOMENTA AS VOCACIÓNS CIENTÍFICAS E TECNOLÓXICAS CON NOVAS ADQUISICIÓNS PARA OS FONDOS BIBLIOGRÁFICOS O departamento de Tecnoloxía elixiu sete libros de divulgación científico-tecnolóxica co fin de complementar o ensino regrado dun xeito ameno e entretido: •        ElectriCiudad. Energía limpia para un futuro sostenible . Un interesante percorrido por ElectriCiudad da man dos máis grandes científicos de todos os tempos que nos contarán que é, de onde ven e como se transforma a enerxía. A enerxía é necesaria para que o noso mundo siga funcionando. Pero con moitos dos procesos que utilizamos para obtela corremos o risco de converter o noso planeta nun lugar inhóspito para todos os que vivimos nel. Quizabes deberiamos inspirarnos nos habitantes de ElectriCiudad: unha metrópole imaxinaria e ecosostíbel que funciona grazas a fontes renovábeis e limpas, e onde os coches son eléctricos e as casas producen máis enerxía da que consomen, sen