RELATORIO SOBRE INTELIXENCIA ARTIFICIAL

Charlas temáticas. Programa “A ponte entre o ensino medio e a USC”

Relator: Alberto Bugarín Diz, Catedrático e Investigador do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información) da USC
Título: “Intelixencia artificial e xeración automática de linguaxe natural: unha palabra vale mais ca un millón de datos”
Data: 17 de abril de 2018
Hora: 13:25 a 15:05
Lugar: Biblioteca do IES de Meira
Alumnado participante: os matriculados nas materias de TIC de 4º da ESO e 1º e 2º de BAC
Resumo: O catedrático e investigador da USC, Alberto Bugarín, introduciunos dun xeito ameno e rigoroso no mundo do Big Data (termo que fai referencia a unha cantidade de datos tal que supera a capacidade do software convencional para ser capturados, administrados e procesados nun tempo razoábel) e de como a linguaxe natural e a intelixencia artificial fan entendíbel para o ser humano o resultado do procesamento dun número inconmensurábel de datos.






Comentarios

Publicacións populares deste blog

EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA (CIDADE DA CULTURA)