EXCURSIÓN A LUGO (FUNDACIÓN TIC E AMS LAB)


Profesores acompañantes: Mario Outeiro (organizador) e Elvira Vila
Data: 24 de xaneiro de 2018
Hora: 9:20 a 15:05
Lugar: Polígono do Ceao (AMS Lab e Fundación TIC)
Alumnado participante: os matriculados nas materias de TIC de 4º da ESO e 1º de BAC
Resumo: O día 24 de xaneiro levouse a cabo unha excursión a Lugo co alumnado de materia de TIC na que asistiron un total de 35 alumnos/as (14 de 4º da ESO e 21 de 1º de BAC). A excursión consistiu na visita ao laboratorio de AMS Lab (O Ceao) onde puideron coñecer como un laboratorio lucense é referencia mundial en análises físicos, químicos e microbiolóxicos grazas ás TIC. Posteriormente fomos á Fundación TIC (tamén no Ceao), dependente da Deputación de Lugo. Na mesma, o alumnado coñeceu os obxectivos da fundación e tamén como se fan os programas de TV (teoría e práctica). Ao final da visita, gravaron un telexornal que trouxeron nunha memoria que 8 GB co que a Fundación TIC agasallou a cada asistente (está colgado na web da Fundación TIC e no blogBibliomeira).







Comentarios

Publicacións populares deste blog

RELATORIO SOBRE INTELIXENCIA ARTIFICIAL

EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA (CIDADE DA CULTURA)